Proxectos



PROXECTO: REXENERACIÓN DOS BANCOS PO027 E PO028 DA ÁREA DA MOURISCA CON AMEIXA BABOSA (PE209B-2022F-027)

ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 75.000 EUROS.

Obxectivo: Aumetar o tamaño e controlar a poboación de ameixa babosa aasía como aumentar a biodiversidade da área.

Resultados: Control e aumento da poboación de ameixa babosa na área da Mourisca da Ría de Pontevedra.








PROXECTO: Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal amb. Parques Illas Atlánticas

Proxecto: GOBPESC

Importe Axuda: 35.095,80 € (Confraría de Bueu beneficiaria co 50%).

Obxectivo: Fortalecer a pesca a pequena escala e empoderar na gobernanza das súas actividades pesqueiras aos pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socioeconómica das confrarías dos GALPs Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Vigo no ámbito das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.

Actuación:
  • Recompilación de información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do PN Illas Atlánticas.
  • Análise da información obtida
  • Proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do PN Illas Atlánticas
  • Divulgación dos resultados obtidos da análise e da proposta
  • Mesa de traballo co Organismo Autónomo do PN Illas Atlánticas


Resultados: Descargar memoria AQUÍ.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:




PROXECTO: XESTION RESPONSABLE E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACION AMBIENTAL

IMPORTE: 37.320€

FINANCIADORES: Proxecto aprobado pola consellería do mar no 2017 e financiado por:



OBXECTIVO:Protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus econsistemas asi como ao fomento da sensibilización ambiental.

ACTUACIÓN: Contratación dunha asistencia técnica e dun gardapesca marítimo de seguridade.




PROXECTO: XESTION RESPONSABLE E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACION AMBIENTAL

IMPORTE: 37.320€

FINANCIADORES: Proxecto aprobado pola consellería do mar no 2016 e financiado por:



OBXECTIVO:Protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus econsistemas asi como ao fomento da sensibilización ambiental.

ACTUACIÓN: Contratación dunha asistencia técnica e dun gardapesca marítimo de seguridade.


Proxecto: VARAMAR

Importe Axuda: 47.695,37 €

Obxectivo: Contribuír á mellora de servizos para a cohesión social e territorial e o benestar de diferentes colectivos vinculados a actividades no mar.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:



Servizo: O proxecto permite a diferentes colectivos vinculados á pesca, acuicultura e a actividades deportivas poder contar con instalacións con servizos de electricidade e auga no varadoiro do porto de Bueu, o que se traduce nunha menor dependencia de horarios no uso do varadoiro e unha maior conciliación entre as actividades e a vida privada. O proxecto incide en todo o territorio GALP da Ría de Pontevedra e incluso en calquera embarcación que poida necesitar dos servizos sinalados, favorecendo a cohesión territorial de Bueu. O proxecto permite atender as necesidades do turismo náutico en xeral ofertando un servizo que mellora a realización das actividades náuticas e as conectan coa pesca.

Información ao usuario: Diptico explicativo


PROXECTO Caracterización de descartes na pesca artesanal da Ría de Pontevedra

Proxecto: DESCARPESC

Importe Axuda: 49.248.24 €

Obxectivo: Estudo dos descartes xerados nas actividades de pesca da frota artesanal do porto de Bueu.

Actuación: O proxecto Caracterización de descartes na pesca artesanal da Ría de Pontevedra (DescarPesc) vai consistir no estudio dos descartes pesqueiros producidos pola frota artesanal na ría de Pontevedra, que realiza as súas actividades de pesca en augas costeiras de Galicia e ten como finalidade valorar repercusión ecolóxica e socioeconómica que o obxectivo de cero descarte recollido na Política Pesqueira Común ten neste sector.

A nova Política Pesqueira Común entrou en vigor no ano 2014 velando pola sustentabilidade a longo prazo das actividades da pesca e a acuicultura dende os puntos de vista medioambiental, económico e social. Neste novo contexto o estudio dos descartes pesqueiros convértese nun tema de especial relevancia, xa que nesta nova regulamentación introdúcese a prohibición gradual de descarte e a obrigatoriedade de desembarque das especies capturadas e reguladas.

O estudios levarase a cabo nas augas onde se desenrolen as actividades de pesca dos buques artesanais. As singularidades desta pesca artesanal radican en que está exercida por embarcacións de menos de 12 metros de eslora e que traballan na proximidade da costa (dentro das 10 millas), o que lles permite abastecer diariamente  os mercados locais de peixes e mariscos, xa que son comercializados en menos de 24 horas dende a captura.

O proxecto estudiará o caso concreto da ría de Pontevedra, no que a pesca artesanal adquire unha gran relevancia xa que supón un dos principais motores da economía de das poboacións costeiras. A contribución da pesca a pequena escala sobre o comarca non é so económica senón que tamén contribúe a creación de cultura, a dinamización da zona, xa que favorece outras actividades como o turismo, e  a fixación da poboación.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por




PROXECTO: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros

Proxecto: CINTAPESC

Importe Axuda: 95.135,00 €

Obxectivo: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros NA Lonxa de Bueu e integración con plataformas de comercialización en internet.

Actuación: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros NA Lonxa de Bueu e integración con plataformas de comercialización en internet.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:




PROYECTO: Emprendemento

Patrocinio ENCE: 40.000,00 €

Obxectivo: Equipamentos e persoal.

Financiadores:

ence


PROXECTO:  Programa de equipamentos pesqueiros de Galicia 2016/2020

Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP). OBXECTIVO 1.4: Fomento competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca. MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros.



Importe Axuda: 40.855,00 €

Obxectivo: Proxecto Colectivo para a modernización das infraestructuras dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas. Convocatoría PE209D/2018.

Actuación: Adquisición de:
  • 1 Carretilla elevadora.
  • 3 traspaletas manuais.
  • 1 empillador eléctrico.


Financiadores: Cofinanciamento da medida do 75% polo FEMP e 25% Estado Membro. Entidade beneficiaria Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu.

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: PESCART (2018 - 2020)

Proxecto: Pescado Artesanal

Importe Axuda: 45.396,18 € (Actuacións entre o 2018 e o 2020)

Obxectivo: Revalorización dos produtos da pesca artesanal de Bueu mediante a súa diferenciación no mercado, baseada na calidade dos mesmos.

Actuación: 2018 -> Axuda para a contratación de experto/a para os traballos comprometidos no proxecto.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2018 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: Tur-Lonxa (2018 - 2020)

Proxecto: TURISMO NA LONXA DE BUEU

Importe Axuda: 120.091,66 € (Actuacións entre o 2018 e o 2020)

Obxectivo: Mellora da oferta turística vinculada a la actividade pesqueira artesanal.

Actuación: 2018-> Instalación de portas de acceso na lonxa; separación de espazos adecuados para visitas externas, sinalización e acometida eléctrica e de datos.

Actuación: 2019-> Reordenación de elementos da Lonxa de Bueu: Máquina de polbo para unha mellor visión dos visitantes á lonxa de Bueu cumprindo coos requisitos hixiénico sanitarios en vigor.

Actuación: 2020-> Creación do espazo de divulgación: Instalación de cámaras e Puntos de Información Multimedia xestionados por software específico. Produción de vídeos sobre a pesca e o marisqueo en Bueu. Acondicionamentos: armario válvulas, reixa e porta mangueiras.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2018 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL. (PE209C-2017F-029)



ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARIA DE PESCADORES DE BUEU
  • PERÍODO DO PROXECTO: 1 XULLO 2017 – 30 XUÑO 2018.


IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 37.320 EUROS
  • INCLÚE CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO E DUN GUARDAPESCA.


OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros.

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas...e vixilancia máis efectiva contra o furtivismo.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75%

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL. (PE209C-2018F-008)



ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARIA DE PESCADORES DE BUEU
  • PERÍODO DO PROXECTO: 1 DE XULLO DO 2018 - 30 DE XUÑO DO 2019.


IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 37.320 EUROS
  • INCLÚE CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO E DUN GUARDAPESCA.


OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros.

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas...e vixilancia máis efectiva contra o furtivismo.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75%

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: Pesctrans. GALP6-125

Proxecto: DE LONXA A PORTA

Importe Axuda: 30.024€

Obxectivo: Mellora da comercialización dos produtos da pesca.

Actuación: 2019 -> Adquisición dunha furgoneta isoterma con frío.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2018 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: Programa de equipacións pesqueiras de Galicia 2016/2020



Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP). OBXECTIVO 1.4: Fomento competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca. MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e anclaxes.



IMPORTE AXUDA: 5.955,74 EUROS

OBXECTIVO: Proxecto Colectivo para a modernización das infraestructuras dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas. Convocatoria PE209D-2018/31.

ACTUACIÓN: Instalación de:
  • Luminarias de LED no patio de poxas da lonxa


FINANCIADORES
Cofinanciación da medida do 75% polo FEMP e do 25% Estado Membro. Entidade beneficiaria: Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu.

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL. (PE209C-2019-036)



ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARIA DE PESCADORES DE BUEU
  • PERÍODO DO PROXECTO: 1 XULLO 2019 – 30 XUÑO 2020.


IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 37.320 EUROS
  • INCLÚE CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO Y DUN GARDAPESCA.


OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueros.

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas...e vixiancia máis efectiva contra o furtivismo.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75%

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: ACCIÓN DE REGULACIÓN DO EXCESO DE POBOACIÓN DE ESTRELAS MARIÑAS (RÍA DE PONTEVEDRA) (PE209B-2019F-027)



ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARIA DE PESCADORES DE BUEU
  • PERÍODO DO PROXECTO: 12 DE MARZO 2020 – 28 DE ABRIL 2020.


IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 12.225,5 EUROS

OBXECTIVOS: Reducir, Controlar e Redistribuír as poboacións de estrelas de mar na Ría de Pontevedra.

RESULTADOS: Control de altas densidades de especies depredadoras e melloras no estado dos bancos marisqueiros.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75%

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: TROCO DO MOTOR DA EMBARCACIÓN VIXIANCIA.



IMPORTE INVESTIMENTO: 34.485,64 EUROS
IMPORTE AXUDA DEPUTACIÓN: 11.837,46 EUROS

OBXECTIVO: EQUIPAMENTO VIXIANCIA DAS PRODUCCIÓNS.

ACTUACIÓN: ADQUISICIÓN DUN MOTOR FORA BORDA PARA A EMBARCACIÓN DE VIXIANCIA.

Deputación de Pontevedra


PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO PARA A MODERNIZACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS DOS PORTOS PESQUEIROS, LONXAS E LUGARES DE DESEMBARQUE MEDIANTE A MELLORA DA CALIDADE, O INCREMENTO DO CONTROL E RASTREXABILIDADE DOS PRODUCTOS DESEMBARCADOS, A EFICIENCIA ENERXÉTICA, E A MELLORA DA SEGURIDADE E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO.

Importe Axuda: 17.500 €

Obxectivo: Programa de equipamentos pesqueiros de Galicia 2016-2020.

Actuación: MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS CONDENSADORES DA INSTALACIÓN FRIGORÍFICA DA LONXA DE BUEU

Financiadores: Expediente cofinanciado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). OBXECTIVO 1.4: Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca. MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros Porcentaxe cofinanciamento da medida: 75 % FEMP – 25 % COMUNIDADE AUTÓNOMA.




PROXECTO: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN



IMPORTE INVESTIMENTO: 7.218,90 EUROS
IMPORTE AXUDA DEPUTACIÓN: 5.775,12 EUROS

ACTUACIÓN: ADQUISICION DE CAIXAS.

Deputación de Pontevedra


PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HÁBITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL. (PE209C-2020F-040)



ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARIA DE PESCADORES DE BUEU
  • PERÍODO DO PROXECTO: 1 XULLO 2020 – 30 XUÑO 2021.


IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 37.944,15 EUROS
  • INCLÚE CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO E DUN GUARDAPESCA.


OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros.

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas...e vixilancia máis efectiva contra o furtivismo.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto cofinanciado polo FEMP nun 75%

Xunta de Galicia - Consellería do mar Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)


PROXECTO: MARKETPLACE BUEU

Proxecto: Mercado online Bueu

Importe axuda: 92.380,40 €

Obxectivo: Mellorar a comercialización dos produtos da zona GALP da Ría de Pontevedra, con especial atención aos que proceden do mar, concentrando o produto no mercado.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2020 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: “EMBARVIG”

Proxecto: “EMBARVIG”

Importe axuda: 92.333,23 €

Obxectivo: Mellorar a extracción dos recursos pesqueiros, grazas a vixilancia e control dos mesmos, en especial do percebe.

Financiadores: Proxecto aprobado pola convocatoria 2021 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: Proxecto colectivo da confraría de Bueu para una xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros que permita a protección e conservación dos hábitats costeiros especialmente dos suxeitos a protección e para o fomento da sensibilización ambiental (Expediente: PE209C-2021F-039).

Proxecto: Proxectos colectivos (2021 - 2023)

Importe axuda: 89.317,56 € (Actuacións entre 2021 e 2023)

Obxectivos:
a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade, nos paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para osorganismos mariños.
b) Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixilancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadoresde abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
c) Formación dos pescadores- as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
d) Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos/das pescadores/as, que pode incluír campañas de divulgación..
e) Contribución á vixilancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
f) Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca.


Actuación: Contratación de vixilancia, Asistencia técnica e equipamento (Tablet rugerizada, balanza, calibre e conexións).

Financiadores:Proxecto aprobado pola convocatoria 2021 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: INVESTIMENTOS VARIOS PARA MELLORAR OS SERVICIOS PRESTADOS.

IMPORTE INVESTIMENTO: 3.671,20 EUROS
IMPORTE AXUDA DEPUTACIÓN: 2.936,96 EUROS

OBXECTIVO:
INVESTIMENTOS VARIOS PARA MELLORAR OS SERVICIOS PRESTADOS.

Deputación de Pontevedra


Cartel Informativo

PROXECTO: MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS COMPRESORES DA INSTALACIÓN FRIGORÍFICA DA LONXA DE BUEU (PE209G-2022/45)

ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 34.800,00 EUROS

Obxectivos:
Mellorar a eficiencia enerxética da lonxa e reducir custes.

Resultados:
Mellora nas instalacións frigoríficas da lonxa de Bueu, mellora na eficiencia enerxética e redución de custes.

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020
Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
Xunta de Galicia - Unión Europea


PROXECTO: Melloras varadoiro e adquisicion caixas para peixe.

IMPORTE INVESTIMENTO: 29.827,90 €.

IMPORTE AXUDA: 23.862,32€.

OBXECTIVO:
Melloras varadoiro e caixas de plástico.

ACTUACIÓN:
Melloras no travelift, cunas de varada e compra de caixas de plastico reutilizables para o peixe.

Deputación de Pontevedra